0 Xogos e Deportes Alternativos

Xa rematando o curso escolar, os alumnos/as  de 3º,4º e 5º do colexio A Rabadeira estamos coas unidades didácticas de xogos e deportes alternativos. Trátanse de xogos e deportes que se crean como unha opción diferente de práctica. Os materiais son pouco habituais e as súas normas están pensadas para o diversión dos participantes.
Ao ser deportes relativamente novos non ten a carga de estereotipos de xénero de outros deportes, e o desenvolvemento das diferentes habilidades específicas pódense integrar perfectamente nas clases de educación física.

Os alumnos/as de 3º e 4º están a practicar o ultimate, deporte que se xoga con un frisbee. O primeiro frisbee apareceu en California, en Estados Unidos de América, aproximadamente en 1903, cando grupos de xóvenes desta cidade se entreterían tirándose uns aos outros a base dos moldes de latas que quedaban dos pasteis fabricados pola empresa Frisbie Pie Company.  
A utilización do Ultimate nas clase de Educación Física ten innumerables aspectos positivos. É indudable o seu carácter aberto e integrador. Un deporte no que o fundamental é a diversión e a integración.
    

   
Pola súa contra os de 5º están a practicar a Indiaca, nome derivado do implemento que se utiliza para xogar. Basicamente o xogo consiste en lanzar a Indiaca, golpeándoa coa man, co obxectivo de que pase por encima da rede ao campo contrario.
É en Brasil, onde un xogo denominado “Peteca” podía considerarse o precursor máis claro da Indiaca, tal como a coñecemos hoxe en día. A España chegou fai pouco tempo ofrecendo un xogo diferente, de múltiples posibilidades físicas e de ocio.
    

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia