Mostrando entradas con la etiqueta esgrima. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esgrima. Mostrar todas las entradas

0 Practicamos esgrima no cole


 

O clube 100Tolos veu ao colexio a impartir unhas clases de esgrima.

Con floretes de plástico e caretas para cubrir as cabezas, o alumnado de primaria poido realizar exercicios e combates sen ningún tipo de risco.

0 Clase de esgrima con 100Tolos

Na primeira semana de xuño estiveron dous mestres do esgrima no colexio, Manel e Tom, son do club 100Tolos. Despois dunha explicación teórica para coñocer en qué consiste este deporte, fixemos exercicios e combates con espadas e sables de inciación. Tamén trouxeron espadas históricas para poder tocar o que vemos nas películas.

Se queredes probar, de xeito gratuito, o esgrima nas instalacións do club, soamente tedes que chamar ao teléfono de Manel para avisar de que queredes ir.

Aquí tedes a invitación:



E tamén podedes ver un vídeo con fotos deses días.


0 O clube 100Tolos visita o Rabadeira












Comezamos o curso ben forte. A semana pasada o clube de esgrima 100Tolos estivo no colexio. Da man de Jorge e Manel, que foron os nosos profesores particulares de esgrima, tivemos unhas clases deste deporte de combate. 

Explicaron un pouco a historia e os tipos de espadas existentes, e as nocións técnicas máis importantes. Logo, a sesión práctica estivo composta por xogos e exercicios cas espadas de goma-espuma. Para rematar con combates cas espadas de plástico, un pouco máis duras e consistentes. Para esto último, utilizamos luvas e máscaras. 

Todo o alumnado do colexio foi obsequiado con invitacións para coñecer as instalacións do clube e participar en dous adestramentos.

Se queredes máis información deste equipo de esgrima entrade na web de 100Tolos.


3 Practicando esgrima no Rabadeira

Sesión de esgrima en 5ºD
 A semana do 5 ao 9 de marzo foi a semana do esgrima no colexio. Recibimos a visita do club 100 Tolos de Iñás, os dous monitores deron unha sesión deste deporte de combate. Todos os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º xa coñecen este divertido deporte, moitos deles demostraron ser moi destros no esgrima.


 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia