0 O clube 100Tolos visita o Rabadeira












Comezamos o curso ben forte. A semana pasada o clube de esgrima 100Tolos estivo no colexio. Da man de Jorge e Manel, que foron os nosos profesores particulares de esgrima, tivemos unhas clases deste deporte de combate. 

Explicaron un pouco a historia e os tipos de espadas existentes, e as nocións técnicas máis importantes. Logo, a sesión práctica estivo composta por xogos e exercicios cas espadas de goma-espuma. Para rematar con combates cas espadas de plástico, un pouco máis duras e consistentes. Para esto último, utilizamos luvas e máscaras. 

Todo o alumnado do colexio foi obsequiado con invitacións para coñecer as instalacións do clube e participar en dous adestramentos.

Se queredes máis información deste equipo de esgrima entrade na web de 100Tolos.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia