0 Campionato Badminton
Durante o mes de febreiro disputouse no colexio un Campionato de Badmintón en formato de eliminatorias entre o alumnado do terceiro ciclo, en total 130 participantes.
O 1 de marzo foi a gran final, á final de 5º chegaron Daniel e Arturo, sendo Dani o gañador deste partido. E na final de 6º xogaron, Erik, como vencedor de 6ºB e 6ºA, e Mario, gañador de 6ºD e 6ºC, subindo ao máis alto do podium Erik.
0 II Carreira San Silvestre Rabadeira
O último día de clase do 2022 foi a segunda edición da Carreira San Silvestre.
Dende o equipo do Plan Proxecta, Vida Activa e Deportiva, quixemos darlle un toque activo e saudable a esta festa de Nadal. Carreira San Silvestre, con avituallamiento de plátanos na meta, coreografía con pandereitas e as badaladas de fin de ano con 12 posturas de ioga.
Aquí tedes o vídeo:
0 Programa radio Carreira San Silvestre
0 O Día do Peón
O 11 de Novembro celebramos o Día do Peón ou Buxaina, o San Martiño.
Neste vídeo podedes ver a exhibición con trompos de Omar, e a festa que montamos ese día no patio na hora do recreo.
Nos días anteriores tivemos unha exposición de distintas buxainas na entrada do colexio, e nas aulas vimos un vídeo ca historia, tipos e distintos xogos cos peóns.
0 Xornadas Vida Saudable
Hoxe iniciamos en 4º de Primaria unha serie de sesións que forman parte do proxecto de Vida Saudable que oferta o Concello para o alumnado do noso colexio.
Entre os contidos tratados están os seguintes:
- Concepto de "Vida saudable".
- Concepto de "alimentación e nutrición".
- Alimentos e nutrientes: tipos de nutrientes e as súas funcións.
- Os alimentos, tipos e clasificación.
- A rolda dos alimentos.
- Necesidades enerxéticas: a dieta equilibrada.
- Mitos e fraudes sobre a alimentación. Os canons de beleza e o modelo imposto.
- Os trastornos alimenticios.
0 Vídeo das buxainas
O 11 de novembro celebramos o Día do Peón en Galicia, e tamén aquí no Rabadeira.
O equipo do Plan de Vida Activa e Deportiva do colexio deixavos aquí un vídeo onde podedes ver a historia das buxainas, os distintos tipos que existen, como se fabrican, a qué xogos podedes xogar...
0 Xogos acuáticos
E despedimos o curso con xogos onde a protagonista era a auga.
Tanto en Ed. Infantil como de Ed. Primaria os xogos acuáticos encheron os patios de orixinais actividades, que sendo o mes de xuño, non houbo problema por mollarse algo.
En Primaria houbo 18 estacións con diferentes xogos, aquí, nestas fotos, unha mostra