0 50 ANOS RABADEIRA 50 ANOS NO DEPORTE

Como broche final dun curso cheo de deporte, dinámicas activas e coñecementos sobre o que é a vida saudable algúns dos nosos alumnos e alumnas, dende Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria elaboraron un calendario deportivo para o próximo curso 2024 - 2025. 

Traballaron en equipos, alumnos e alumnas de diferentes idades, para lograr sacar adiante este calendario que posteriormente repartiron por todas as aulas do centro como agasallo polo 50 aniversario que celebramos este curso escolar. 

No calendario podemos ver os meses realizados polos máis pequenos, diferentes deportes; dende vela a natación sincronizada, referentes galegos, homes e mulleres que encabezan o panorama deportivo; traballos realizados co ordenador, debuxos coloreados a man polos nosos artistas, e o resultado... un calendario no que o próximo curso poderemos aprender un novo deporte cada mes, ademais de ter todas as conmemoracións e datas importantes xa marcadas, un traballo realizado con moito espero.


































0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia