0 CHARLAS VELA ADAPTADA

Hoxe luns 27 de maio o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar dunha excepcional charla sobre o deporte de vela adaptada da man de dúas profesionais do tema. 

Por un lado, contamos con Celia Alvariño López, educadora social e técnico de vela, traballadora da ¨Fundación María José Jove¨ como instrutora de vela no apartado ¨Esfuerza¨. Celia explicounos dende o seu punto de vista o que é traballar con persoas con diferentes diversidades funcionais. Amosounos cales son as adaptacións que realizan nas embarcacións para as diferentes necesidades dos usuarios, contounos distintas experiencias, trouxo materiais adaptados e vídeos explicativos de como transcorre a actividade de vela. 

Por outra banda, estaba Norma López Dovale, unha das usuarias de Celia con cegueira, a cal leva un ano asistindo a actividade de vela. Foi unha sorte poder entender o seu punto de vista, o que sinte ela cando realiza este deporte e o libre e autónoma que pode estar no barco. 

Ambas resolveron todas as curiosidades e dúbidas do noso alumnado, acercándolles unha realidade que existe no deporte: o deporte adaptado. A reflexión que sacamos é que algunhas das cousas que vemos imposibles, deixan de selo grazas a existencia de certas fundacións e persoas.
















0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia