3 O Acrosport no Rabadeira



No colexio o segundo ciclo de primaria, 3º e 4º, estiveron practicando Acrosport. Moitos alumnos e alumnas amosaron, a pesar de exercitarse por vez primeira nesta modalidade, que teñen grandes dotes acrobáticas.

A ximnasia acrobática ou acrosport é un deporte en que se compite por parellas ou grupos e que consiste en executar unha coreografía de elementos ximnásticos e acrobáticos, tanto individuais coma de parella ou grupo, valéndose de música.

A orixe deste deporte é tan antiga coma incerta. A construción de figuras e pirámides humanas remóntase á antigüidade (atopáronse representacións antiquísimas en pinturas chinas e exipcias). As acrobacias existen desde tempos moi antigos.
 
 

3 comentarios:

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia