1 Comezamos o curso co Club Balonmán Ártabro

Os grupos de 6º

Do 22 ao 26 de setembro tivemos a visita de Álex, xogador en Primeira Nacional do Club Balonmán Ártabro e adestrador nas categorías inferiores. O obxectivo foi dar a coñecer este club, que ten no pavillón do Rabadeira o lugar onde adestran os máis xóvenes deste equipo.

As sesións de balonmán foron impartidas para o alumnado de segundo ata sexto de primaria. Xa algúns rapaces do colexio pertenecen a este club, e o fin era atopar algún outro ou outra que quixera formar parte do Ártabro.


Os días e horarios que este equipo está no pavillón son os seguintes:

Luns e venres de 18 h. ás 20:00 horas.
Mércores de 19 h. ás 20:00 horas.


Se queredes máis información podedes escribir a bmoleiros@asociacionartabro.org

Anímadevos a practicar o balonmán, un deporte moi divertido e espectacular.

 

1 comentarios:

  1. Ide, aínda que sexa soamente a probar.

    Eu practiquei balonmán de xeito federado durante 20 anos, e foi o mellor que puiden elixir. Fixen un lote de amigos e viaxei bastante. Deporte moi divertido e nobre.

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia