Onte o alumnado de 5º de primaria estivo no rocódromo do pavillón de Bastiagueiro, para practicar un deporte que nas clases de Educación Física non temos posibilidade, a escalada deportiva. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e a área de Deportes do Concello de Oleiros, como ben sendo habitual nos últimos cursos.
Se en septembro foron os de sexto os que desenrolaron unha unidade didáctica de deportes acuáticos, agora tocoulles aos de quinto disfrutar do Programa Complementario de Educación Fisica que oferta o Concello de Oleiros, totalmente de balde. Seguindo con este programa, a vindeira semana faremos dúas xornadas de Xogos Populares, cos cursos 3º e 4º.
Aquí tedes un vídeo cas fotos da xornada de Escalada:
Aquí tedes un vídeo cas fotos da xornada de Escalada:
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar