Esta semana, dentro da unidade didáctica de Educación Física de Xogos Populares, e ca axuda da área de Deportes do Concello de Oleiros, organizamos dúas xornadas destes xogos para terceiro e cuarto de primaria. Os monitores trouxeron os brinquedos que non temos no colexio, e así fixemos xogos que doutro xeito non sería posible.
O mellor, a ilusión co que o alumnado repetía os mesmos xogos que xa disfrutaron os seus pais e avós. E outro tema interesante era ver como partían dun igual nivel de destreza, polo que as diferencias, que aparecen nos xogos deportivos, aquí non existía.
Está nas nosas máns recuperar o patrimonio cultural galego, que en moitas ocasións corre perigo de desaparecer. Polo que agradezco ao Concello de Oleiros, unha vez máis, o seu compromiso ca actividade física nos centros escolares.
O xogo popular forma parte das costumes do pobo.
Recuperando estes xogos, estamos a recuperar un anaco da cultura do noso país.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar