Nos cursos de 4º e 5º de primaria practicamos un novo deporte, o colpbol, que ten unha boa acollida nos rapaces. Podedes ver o regulamento deste deporte e outras cousas na súa web oficial: colpbol.es
O colpbol é un deporte colectivo inventado en 1996-1997 polo profesor de educación física valenciano Juanjo Bendicho. Esta modalidade deportiva caracterízase polo seu enorme dinamismo e carácter integrador e igualitario, xa que todos os participantes teñen unha importancia similar e os equipos son obrigatoriamente mixtos.
O xogo ten similitudes coa pelota valenciana (xógase golpeando o balón) e con deportes modernos como o balonmán ou o fútbol sala (terreo de xogo, tamaño das portarías, número de xogadores...).
O colpbol expandiuse dende a Comunidade Valenciana ao resto de España e algúns países de Sudamérica.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar