Daniel Barcia Rama |
O sábado, 8 de marzo, disputouse o Campionato Galego de Campo a Través, na Pobra do Caramiñal.
A esta competición acudía o atleta Daniel Barcia Rama, estudiante de 5º de primaria, como único representante do CEIP Rabadeira, para participar na categoría alevín. Un percorrido de 2 km. esperaba a Dani, na praia de Cabío.
Dani, na liña de saída |
Daniel conseguiu un gran noveno posto, cun tempo de 7:51 nos 2.000 metros do circuito.
A tan só 21 segundos quedou das medallas e do podio, nada menos que nun campionato onde estaban os mellores atletas da Comunidade Galega.
Este alumno ten un futuro brillante no mundo do deporte.
Podedes ver aquí os resultados completos do Galego: Federación Galega de Atletismo.
Na categoría infantil feminina compitía outra alumna do centro, Claudia Conde Pérez. Acudía representando ao seu clube, pero trátase duhna atleta que comenzou a súa vida no atletismo no CEIP Rabadeira. Infantil de primeiro ano, logrou unha 11ª praza na súa carreira. Claudia seguirá dando "guerra" o vindeiro ano, na mesma categoría.
O vindeiro sábado día 15 de marzo/2014, dentro da programación da TVG2, a partir das 15 horas aproximadamente, e dentro do apartado CITIUS ALTIUS FORTIUS, sairá unha reportaxe do Campionato Galego de Campo a Traés do pasado sábado 8/03/2014 da Pobra do Caramiñal.
O vindeiro sábado día 15 de marzo/2014, dentro da programación da TVG2, a partir das 15 horas aproximadamente, e dentro do apartado CITIUS ALTIUS FORTIUS, sairá unha reportaxe do Campionato Galego de Campo a Traés do pasado sábado 8/03/2014 da Pobra do Caramiñal.
Era la primera vez que Daniel llegaba a los gallegos y si q consiguió un buen puesto .Gracias al colegio por participar en estos eventos.
ResponderEliminarY sobre todo gracias a Jose Luis por a animarlo tanto.
ResponderEliminarSandra, llegar a un gallego es muy difícil, y Dani lo ha logrado y con un resultado brillante. Da gusto verlo correr.
ResponderEliminarGracias a vosotros, un saludo.