4 O quencemento





O quencemento é a parte inicial de calquera sesión de adestramento e ata dunha competición, prepara ao organismo para posteriores esforzos máis esixentes, favorecendo o rendemento e evitando posibles lesións.

Algunhas das preguntas que se fan  a maioría das persoas que inician a práctica dalgún deporte son as seguintes:  

 Para que quentar?
1.   Evita lesións do aparello locomotor como escordaduras, rotura de fibras, contracturas, etc.: favorece o aumento de temperatura muscular e ata corporal, isto trae consigo que a elasticidade muscular mellore, así como unha diminución da viscosidad. Tamén se evita estas lesións grazas a unha mellora da coordinación, o ritmo e a atención.
2. Evita lesións no aparello cardiorrespiratorio ao aumentar lixeiramente a frecuencia cardíaca, respiratoria e a circulación sanguínea, co que o organismo prepárase para un posterior esforzo moito maior.
3. Mellora o rendemento: as prestacións de forza, resistencia, velocidade, flexibilidade, axilidade, etc ven melloradas logo dun bo arrequecemento.
4. Mellora a motivación e concentración: as primeiras sensacións físicas, psicolóxicas e ambientais son moi importantes. Comézase a coñecer a instalación deportiva, adaptarse ao ambiente que nos rodea, etc.  
 Como quentar?
            Para realizar un completo quencemento deberiamos respectar as seguintes fases:
1º- Parte xenérica: (15’)  na que se utilizan exercicios de preparación física xeneral nos que interveñen os grupos musculares máis importantes. Nesta parte debemos diferenciar tres tipos de exercicios:
·         5’ de posta  en acción: con exercicios como camiñar, carreira continua suave, pedalear nunha bicicleta estática, etc.
·         5’ de estiramentos dos principais músculos traballados na parte anterior.
·         5’ de exercicios xenéricos como saltos, abdominais, lumbares, etc.
2º- Parte específica: (10’) agora comézanse a executar exercicios directamente relacionados coa actividade que posteriormente vaiamos realizar, por exemplo se imos xogar a baloncesto xa entrarían exercicios con balón: dribling, pases, tiro a canastra, entradas, etc.
            Para iniciar o adestramento ou partido o ideal é deixar un período duns 5’-10’ de recuperación, se este descanso superase os 20’ os efectos do arrequecemento comezarían a diminuír.
 Todos debemos quentar o mesmo?
Non, o quencemento debe ser individualizado xa que cada persoa é diferente e o que para un é suficiente para outro pode non chegar, existen factores que inflúen como poden ser:
·         A idade: os nenos e  mozos necesitan menos quencemento, coa idade as articulacións e músculos precisan máis tempo para adaptarse ao esforzo.
·         O deporte que realicemos: é diferente quentar para un deporte aeróbico como a carreira que para un máis intenso e anaeróbico como facer pesas.
·         O grao de preparación de cada un: unha persoa pouco adestrada fatígase facilmente polo que debe quentar con menor intensidade que cando está en forma.
·         A hora do día: normalmente polas mañás o corpo necesita máis tempo para adaptarse ao esforzo que noutras horas do día.
·         A temperatura ambiente tamén é importante cando fai frío necesítase máis tempo de quencemento.
 Canto dura un quencemento óptimo?
Non existe un tempo exacto ideal, normalmente debería durar entre 10’ e 45’ en función de todos os factores anteriores.
 A que intensidade debo quentar?
Oscilará entre as 90-100 pulsacións por minuto ao comezo e as 120-140 cos exercicios máis intensos.
Os exercicios que fagamos realizarémolos de forma progresiva, empezar moi suave para ir incrementando a intensidade.

4 comentarios:

  1. Eu quento moito no club de atletismo donde estou.Fago 2Km de quentamento.A min gustanme máis os estiramentos...¡Aunque algúns tiran moito!

    ResponderEliminar
  2. Eu non vou a ningún club de atletismo, pero vou a un club de triatlón e a veces fago carreiras. Eu vou a natación. Cando a piscina está estropeada, quentamos. ¡É moi divertido!

    ResponderEliminar
  3. eu vou a piscina de oleiros os martes e nado moito e moi chuli a min gustame moito

    ResponderEliminar
  4. xa se ve que che obedece

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia