Para que quentar? 1. Evita lesións do aparello locomotor como escordaduras, rotura de fibras, contracturas, etc.: favorece o aumento de temperatura muscular e ata corporal, isto trae consigo que a elasticidade muscular mellore, así como unha diminución da viscosidad. Tamén se evita estas lesións grazas a unha mellora da coordinación, o ritmo e a atención. 2. Evita lesións no aparello cardiorrespiratorio ao aumentar lixeiramente a frecuencia cardíaca, respiratoria e a circulación sanguínea, co que o organismo prepárase para un posterior esforzo moito maior. 3. Mellora o rendemento: as prestacións de forza, resistencia, velocidade, flexibilidade, axilidade, etc ven melloradas logo dun bo arrequecemento. 4. Mellora a motivación e concentración: as primeiras sensacións físicas, psicolóxicas e ambientais son moi importantes. Comézase a coñecer a instalación deportiva, adaptarse ao ambiente que nos rodea, etc. | ||||
Como quentar? Para realizar un completo quencemento deberiamos respectar as seguintes fases: 1º- Parte xenérica: ( · · · 2º- Parte específica: ( Para iniciar o adestramento ou partido o ideal é deixar un período duns 5’- Todos debemos quentar o mesmo? Non, o quencemento debe ser individualizado xa que cada persoa é diferente e o que para un é suficiente para outro pode non chegar, existen factores que inflúen como poden ser: · A idade: os nenos e mozos necesitan menos quencemento, coa idade as articulacións e músculos precisan máis tempo para adaptarse ao esforzo. · O deporte que realicemos: é diferente quentar para un deporte aeróbico como a carreira que para un máis intenso e anaeróbico como facer pesas. · O grao de preparación de cada un: unha persoa pouco adestrada fatígase facilmente polo que debe quentar con menor intensidade que cando está en forma. · A hora do día: normalmente polas mañás o corpo necesita máis tempo para adaptarse ao esforzo que noutras horas do día. · A temperatura ambiente tamén é importante cando fai frío necesítase máis tempo de quencemento. Canto dura un quencemento óptimo? Non existe un tempo exacto ideal, normalmente debería durar entre A que intensidade debo quentar? Oscilará entre as 90-100 pulsacións por minuto ao comezo e as 120-140 cos exercicios máis intensos. Os exercicios que fagamos realizarémolos de forma progresiva, empezar moi suave para ir incrementando a intensidade. |
4 O quencemento
Etiquetas:
didactica,
quencemento,
teoria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Eu quento moito no club de atletismo donde estou.Fago 2Km de quentamento.A min gustanme máis os estiramentos...¡Aunque algúns tiran moito!
ResponderEliminarEu non vou a ningún club de atletismo, pero vou a un club de triatlón e a veces fago carreiras. Eu vou a natación. Cando a piscina está estropeada, quentamos. ¡É moi divertido!
ResponderEliminareu vou a piscina de oleiros os martes e nado moito e moi chuli a min gustame moito
ResponderEliminarxa se ve que che obedece
ResponderEliminar