2 Éxito do Rabadeira no Campo a Través

Saída carreira alevín masculino
 Celebrouse en Cambre, o venres 17 de decembro, a fase comarcal do campeonato de Cross. O ceip Rabadeira obtivo un éxito abraiante, clasificando a numerosos corredores de xeito individual, e a un total de 10 equipos para a seguinte fase.


Os equipos clasificados e que subiron ao podio foron os seguintes:
Infantil Feminino: Rabadeira A - subcampionas
Infantil Masculino: Rabadeira A - 3º
Alevín feminino: Rabadeira A - campionas, Rabadeira B - subcampionas
Alevín masculino: Rabadeira A - campións, Rabadeira C - subcampións
Benxamín feminino: Rabadeira B - campionas, Rabadeira A - subcampionas
Benxamín masculino: Rabadeira A - campións, Rabadeira B - subcampións

Parabéns a todos os participantes polo seu comportamento dentro e fóra da carreira.

2 comentarios:

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia