Unha vez máis o departamento da área de Educación Física do colexio foi chamado dende Radio Oleiros para participar no programa Sintonía Deportiva Oleiros. Nesta oportunidade acudimos Marcos e José Luis, convidados polo redactor do progama deportivo Nano García.
Os asuntos tratados foron a competición de Campo a Través, que comeza mañá e a Viaxe a Neve do 2013.
Preguntaron cousas como os participantes nas dúas actividades, o traballo realizado nas clases de educación física, o numeroso alumnado que saía do colexio para despuntar logo en diversos deportes... E tamén falamos deste blog, como un medio de comunicación entre os profesores e as familias.
Podedes ver un resumo do falado en Sintonía Deportiva Oleiros.
Ou se o preferides, escoitar o programa enteiro no reproductor que está aquí abaixo.
Con profes así ... "A Pública" : Pa´Riba.
ResponderEliminarGrazas. Mariluz
Grazas a ti Mariluz.
ResponderEliminarTodo polo ensino público.
J.l. Xa nos tes acostumados o teu bo facer , e o teu cariño polos nosos fillos.GRAZAS
ResponderEliminarCon nais e pais coma vos é moi doado facer o noso cometido.
ResponderEliminarGrazas Belén.
¿ A que hora es el programa de Clara ? (En la radio)
EliminarSoy...Martín.S
¿A que hora era el programa de Clara?
ResponderEliminarPablo
Luns e venres ás 14:30 horas.
ResponderEliminarGracias ;)
ResponderEliminar