3 Fase Local Campo a Través Escolar - Cambre


           O vindeiro día 16, mércores, celebrarase a fase Local do Campionato de Campo a Través nas instalacións da Polideportiva Municipal Os Campóns-Sigrás-Cambre. As distintas probas son supervisadas polos xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes deberán levar camiseta branca para competir. Recoméndase que os deportistas leven calzado, calcetíns, camiseta de reposto e roupa de abrigo, e unha pequena merenda, a organización repartirá bebidas. As predicións metereolóxicas para ese día dan chuvia.

Dende o Colexio, ás 10:00 h., serán transportados de balde ata o lugar de celebración das probas. O regreso producirase o remate das mesmas e despois da entrega de premios, que será ás 12:15 h.

HORARIO:    CIRCUITO FASE LOCAL CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Hora
Categoría
Distancia
10:55
INFANTIL Masculino..........: nados nos anos 2001-2000
1.200 m
11:05
INFANTIL Feminino……....: nados nos anos 2001-2000
800 m
11:15
ALEVÍN Masculino………..: nados nos anos 2003-2002
800 m
11:30
ALEVÍN Feminino………...: nados nos anos 2003-2002
600 m
11:45
BENXAMÍN Masculino…...: nados nos anos 2005-2004
500 m
12:00
BENXAMÍN Feminino…….: nados nos anos 2005-2004
500 m

Número atletas participantes do CEIP Rabadeira por categorías:
Benxamíns: 50
Alevíns:  77
Infantís: 46

Todas as familias que poidan teñen unha boa oportunidade de ver aos seus pequenos atletas compitiendo nun deporte tan duro pero bonito, como é o atletismo. Estades convidados a ver as carreiras este mércores.

Nova no xornal "El Ideal Gallego".

No xornal "La Opinión de La Coruña".

O luns, 14, estaremos en Radio Oleiros para falar e responder a preguntas sobre esta competición de Campo a Través que comeza, e sobre a Viaxe a Neve, a estancia dunha semana que pasaremos co alumnado de 5º e 6º de primaria na Estación Invernal de San Isidro, en febreiro.


3 comentarios:

  1. Cando as mande a Federación de Atletismo.

    ResponderEliminar
  2. Francisco Piñeiro22 de enero de 2013, 18:51

    Aquello no era campo a través era barranco a través¡¡¡¡¡¡¡ jajajaja pero aún así molo bastante.

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia