0 23 de febreiro: Día de Rosalía.

 Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, todo o alumnado puido disfrutar dunha xincana polo patio na hora de lecer. 

Superando probas e buscando os mouchos enriba do penedo, todos e todas desfrutaron duns recreos diferentes. 












0 Ioga para relaxarnos.

A semana do festival foi intensa, divertida e chea de ensaios. Todos cumprimos os mandatos de Meko e sacamos tempo para preparar as actuacións, polo que non se nos ocorre nada mellor que unha sesión de ioga coa mestra Bea para encontrar un pouco de calma nunha semana tan intensa e divertida.






















0 Festival de entroido.

O venres 9 de febreiro o Rabadeira celebrou con toda a comunidade educativa (alumnado, claustro e familias), un festival polo entroido a ritmo de 50 anos na música. 

Puidemos gozar dunhas excelentes actuacións; os máis pequenos moveron a esqueleto ao ritmo de Grease, o primeiro curso de primaria encheu todo de cores bailando un clásico do grupo Parchís. Tamén gozamos dos movementos de Alaska, Mecano e Barbie; ademais de gozar dunhas actuación que nos recordaron os últimos 50 anos de Eurovisión e dos 40 music classic. 

Un día cheo de diversión, movemento, música e cores. 











0 DÍA DA PAZ

Continuamos co Plan de Vida Activa e Deportiva, e para conmemorar o Día da Paz, o pasado 30 de xaneiro; nas clases de Educación Física realizamos unha unidade didáctica de xogos cooperativos, no 1º e 2º ciclo de Primaria.


Practicamos co paracaídas, cos esquís de grupos e parellas, cas catapultas, e con xogos populares que teñen como estratexia principal a cooperación.













0 San Silvestre 2023

O último día do primeiro trimestre, o 21 de decembro, tivemos a sorte de poder pechar á primeira etapa do curso dunha forma especial, celebrando a terceira edición da carreira de Nadal San Silvestre. 

Nun primeiro intre parecía que o tempo non ía a acompañar a esta festividade, pero despois de retrasala puidemos dar comezo á San Silvestre, debaixo dun pouco de orballo e raios de sol. Non faltaba detalle, dorsais, speaker, percorrido marcado e línea de meta. 

Comezou correndo o terceiro ciclo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria… dando nin máis nin menos que dúas voltas ao recorrido! Xusto despois dou comezo o segundo ciclo, 3º e 4º de EP,  reducindo un pouco o ritmo e deixando aos corredores cunha volta. Unha vez que todos chegaron a meta saíu o primeiro ciclo, 2º e 1º de EP. Finalmente, preparáronse os máis pequenos, realizando a metade do percorrido. A dicir verdade, o alumnado de Educación Infantil non deixou a ningúen indiferente. 

Este ano a carreira tiña unha parte moi especial. Por mor do 50 aniversario do noso colexio as familias pasaron de ser meros animadores a pechar un día de Nadal con eles, sendo tamén participantes oficiais da San Silvestre. Esta vez eran os seus fillos e fillas os que gritaban detrás do valado. 

Para a sorpresa destes foron invitados a pasar un rato máis con nós. O protagonista sería o alumnado de 5º e 6º, quenes nos deleitaron con cantos de Nadal e panxoliñas. Para finalizar o día dúas nenas de 5º de EP presentaron as badaladas dunha maneira moi emotiva, signando cada un dos sons da campá con lingua de signos onde dicían: RABADEIRA 50.













 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia