Pavillón Os Campóns - Cambre |
O 16 de xaneiro, en Sigrás-Cambre, disputouse a fase zonal do campionato de Campo a Través 2013. O CEIP Rabadeira acudiu a este evento deportivo cun nutrido grupo de xóvenes atletas, 173 valentes enfrentáronse a chuvia, ao frío, e a un percorrido cheo de lama e auga. Pero xa o di un lema dos deportistas: "Sin sacrificio no hay beneficio". E o éxito para o noso colexio foi moi grande.
Os clubes participantes foron:
2 CEIP GONZALO TORRENTE BALLESTER
5 CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ
6 IES ALFONSO X O SABIO
3 IES DAVID BUJÁN
7 CENTRO EDUCATIVO CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL
4 IES EDUARDO BLANCO AMOR
8 CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
9 CLUB ATLETISMO SADA
10 CEIP RABADEIRA
Saída alevín feminino |
Na categoría benxamín subiron ao podio 8 atletas, en alevíns outros 8 e en infantís 3, nas clasificacións individuais. Por equipos poidemos ver no podio a un equipo benxamín feminino e dous masculinos. En alevíns conseguiron trofeo outros dous en categoría feminina, e en masculino copamos todos os escalóns pois os 3 equipos eran do Rabadeira. En infantís foron un equipo masculino e outro feminino os que tiveron premio.
Resumindo o botín obtido polos bravos guerreiros e guerreiras do CEIP Rabadeira foi de 79 medallas e 10 trofeos.
A todos os que participaron hai que darlles parabéns, pero como non podemos poñer todos os nomes, destacaremos aos campións absolutos, é dicir aos primeiros na clasificación individual:
Benxamín masculino: Jorge FerreiroAlevín feminino: Claudia Conde
Alevín masculino: Daniel Barcia
Entrega trofeos benxamín masculino |
No xornal "La Opinión de La Coruña".
A vindeira cita será o sábado 26 de xaneiro en Acea da Ma, en Culleredo. No seguinte artigo do blog colocaremos o horario, o percorrido e os clasificados para esta carreira, que son os 8 primeiros na clasificación individual e os dous primeiros equipos de cada categoría.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar