0 Toda Primaria co Beisbol


Na semana do 18-22 de marzo levamos a cabo unha gran tarefa, introducir no colexio o deporte do béisbol, organizando sesións para todo o alumnado de primaria. Dende 1º ao 6º curso, todas as alumnas e os alumnos pasaron polo pavillón, para que os xogadores do Beisbol Club Druidas lles explicaran as características deste divertido deporte.
 

Na última xornada xuntamos a todos os participantes nesta actividade, 450, para, todos xuntos, facernos unha foto de recordo.
 
Unha vez máis damos as grazas a Marcos e a Fran pola súa colaboración e implicación na iniciativa do departamento de Educación Física de incluir este, pouco coñecido, deporte no curriculum da asignatura.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia