A semana pasada no horario de Educación Física, os nenos/as de Educación Primaria, disfrutaron dunhas clases de iniciciación nun deporte descoñecido para eles como é o béisbol.
Dous monitores(Marcos e Fran), dun clube da Coruña chamado "Druidas", viñeron a darnos unhas nocións sobre normas, materiais, golpeos, posicionamentos, lanzamentos e recepcións, que nos foron de gran utilidade para a práctica deste deporte.
Os rapaces/zas fixérono moi ben e disfrutaron moito. Neste video pódedes comprobar algunhas das prácticas e actividades que se estiveron a facer.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar