0 Sorteado o televisor das rifas da viaxe á neve


Hoxe sorteamos o televisor das rifas da viaxe a Estación de San Isidro. No sorteo, en combinación co da ONCE, do 8 de febreiro non apareceu o gañador. E como xa dixemos no seu día, ao non aparecer a rifa co número agraciado, xuntamos a todo o alumnado que vendeu as rifas para sacar diñeiro para a viaxe. Cada un tiña un número, e co bingo do cole sacamos unha bola.


Saíu o nº 49, o de Marta Niño González, de 5º C.  Noraboa á afortunada!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia