En colaboración con Radio Oleiros as alumnas de 6º do colexio foron á emisora para participar no programa Sintonía Deportiva Oleiros. Imitando a xornalistas fixeron unha entrevista a unha deportista do Concello, foi a Mónica Castelo, xogadora de rugby en el CRAT UDC, e chamada pola selección española.
Carmen Alfonsín, Valeria Arciniegas, Vanessa Guimaraes e Claudia García, someteron a Mónica a un tercer grado, cun lote de variadas preguntas. Así, descubriron que Mónica estudiou no CEIP Rabadeira, e siguiu estudos en Maxisterio, para voltar ao colexio a facer ás Prácticas. Na actualidade é monitora de natación. Na vindeira Gala do Deporte Galego, o seu equipo vai recoller o premio ao mellor equipo feminino de Galicia.
Moitas grazas a Nano García, redactor do programa, por permitirnos participar nesta nova experiencia educativa.
Aquí podedes escoitar a gravación do programa:
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar