O 7 de xuño, día da celebración do 50 aniversario do CEIP Rabadeira, organizamos no patio do colexio un flashmob como parte da xornada de Boas Prácticas correspondente ás áreas de Música e Danza e Educación Física.No primeiro vídeo podedes ver os ensaios no pavillón do centro, e no segundo o produto final, xa o día da festa.
&nb...
0 Baile 50 Aniversario do CEIP Rabadeira
Etiquetas:
baile,
coreografía,
flashmob,
plan proxecta,
proxecta23_24
0 50 ANOS RABADEIRA 50 ANOS NO DEPORTE

Como broche final dun curso cheo de deporte, dinámicas activas e coñecementos sobre o que é a vida saudable algúns dos nosos alumnos e alumnas, dende Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria elaboraron un calendario deportivo para o próximo curso 2024 - 2025. Traballaron en equipos, alumnos e alumnas de diferentes idades, para lograr sacar adiante este calendario que posteriormente repartiron por todas as aulas do centro como agasallo polo 50 aniversario que celebramos este curso escolar. No calendario podemos ver os meses realizados polos máis pequenos, diferentes deportes; dende vela a natación sincronizada, referentes galegos,...
Etiquetas:
plan proxecta,
proxecta23_24
0 Rugby na praia

O alumnado de 4º desenvolveu unha sesión de rugby na praia de
Bastiagueiro, dentro do programa de actividades da área de Educación
Física, no marco do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do Plan
Proxecta, e financiado polo Concello de Oleiros. ...
Etiquetas:
plan proxecta,
praia,
proxecta23_24,
rugby
0 BodiBox no ximnasio

O alumnado de 6º de Ed. Primaria, participou nunha sesión de BODI
BOX, actividade cardiovascular inspirada en diferentes movementos de
kick boxing sempre coreografiados, no que se traballan todos os grupos
musculares, e coa que se mellora a resistencia, a forza e a
flexibilidade.Realizaron a actividade no ximnasio municipal de Oleiros, e aquí tedes algunha foto &nb...
Etiquetas:
body-box,
plan proxecta,
proxecta23_24
0 CHARLAS VELA ADAPTADA

Hoxe luns 27 de maio o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de gozar dunha excepcional charla sobre o deporte de vela adaptada da man de dúas profesionais do tema. Por un lado, contamos con Celia Alvariño López, educadora social e técnico de vela, traballadora da ¨Fundación María José Jove¨ como instrutora de vela no apartado ¨Esfuerza¨. Celia explicounos dende o seu punto de vista o que é traballar con persoas con diferentes diversidades funcionais. Amosounos cales son as adaptacións que realizan nas embarcacións para as diferentes necesidades dos usuarios, contounos distintas experiencias, trouxo materiais adaptados e vídeos...
Etiquetas:
plan proxecta,
proxecta23_24
0 Campionato de España Sector Alevín Norte de Hockey
.jpeg)
O venres 26 de abril o alumnado do Ceip Plurilingüe Rabadeira tivo a gran sorte de poder asistir ao Campionato de España do Sector Alevín Norte de hockey, que se debutou no Pavillón de A Rabadeira. O campionato foi intenso, divertido e puidemos gozar dun nivel excepcional. Entre moitos equipos coñecidos sen dúbida o noso alumnado berrou e celebrou a vitoria do Club Hockey Oleiros onde xogaban alumnos e ex-alumnos do cent...
Etiquetas:
plan proxecta,
proxecta23_24
Suscribirse a:
Entradas (Atom)