9 Carreira de Campo a Través en Acea da Ma

Todos os participantes

Gran xornada deportiva hoxe no CEIP RABADEIRA. 160 valentes atletas foron a competir e a convivir ao circuito de Acea da Ma en Culleredo, con outros 9 colexios e institutos. Destacar o gran espíritu deportivo que amosaron todos os participantes do noso centro.

Deixamos abaixo ás fotos das distintas categorías participantes, e no vindeiro artigo informaremos das clasificacións e colocaremos máis fotos. Adiantar que de 6 posibles primeiros postos por equipos, o Rabadeira volveu con catro (benxamín masculino, alevín masculino, alevín feminino e infantil masculino), un segundo posto ( benxamín feminino) e polo menos un tercer posto (infantil feminino).

Moitas grazas aos profesores (Azucena, Estela, Felipe, Mª Luz e Irma) que acompañaron aos dous profes de Educación Física.

Benxamín Feminino

Benxamín Masculino

Saída Alevín Feminino

Saída Alevín Masculino

Infantil Feminino

Infantil Masculino

9 comentarios:

  1. María Fernández Mahía15 de enero de 2014, 22:18

    Felicidades para todos os alumnos participantes, por participar e tamén polas medallas acadadas. E felicidades tamén para os mestres que co voso traballo e dedicación conseguides motivar a tantos alumnos para participar neste tipo de actividades.
    Especialmente a ti, José Luis, xa que ademáis do traballo extra da organización da actividade compartes con todos nós, mestres e familias, a través deste blogue.
    Este curso a competición ten un significado especial para min xa que nela participaron por primeira vez os primeiros alumnos/as que tiven neste centro cando cheguei, que daquela tiñan 3 aniños e agora están en 3º EP. Así que para eles tamén as miñas felicitacións con moitisimo cariño. Anímovos a que sigades participando en actividades deportivas e que, para o vindeiro curso, animedes tamén a máis compañeiros.

    ResponderEliminar
  2. Ola !!!!!
    Que fotos tan chulos! !!!
    Grazas mestres, mil veces Grazas.
    Este ano marchamos do cole, xa poucas oportunidades teremos para compartir experiencias que non se aprenden nos libros...

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena a los participantes!!!! Y dar las gracias a los profesores que hacen posible que se realicen este tipo de actividades.

    ResponderEliminar
  4. Estoy segura q estas seran las experiencias y algunos de los profes q nuestros hijos llevaran siempre con ellos como recuerdo de primaria. Gracias a los q realmente merecen llamarse profes

    ResponderEliminar
  5. que ben o pasaron....!!

    penso que foi realmente positivo e enriquecedor para os nosos fillos.
    Moitisimas grazas polo esforzo e por compartir con nos, deste xeito podemos ver como medran os nosos fillos...

    E animo para moitas desas rapazas que quedaron na escola (especialmente de terceiro) estanse perdendo cousas bonitas....

    ResponderEliminar
  6. Felicitar otro año más al profesorado que, con su esfuerzo y dedicación, hace posible estas actividades para que nuestros hijos disfruten de experiencias motivadoras y enriquecedoras como estas.
    Felicitar tanto a los que participaron como a los que no, y animarlos para que lo hagan el próximo curso; no importa el puesto en que se llegue, lo importante es llegar.

    ResponderEliminar
  7. Incríble a experiencia e incríble o ver o ilusionados que estaban tódolos nenos. A nivel profesional moi gratificante poder compartir con todos un día tan especial.
    -Azu-

    ResponderEliminar
  8. no quiero repetirme, pero muchas gracias a todos los profesores por otra iniciativa más, y por vuestra implicación para hacer que los niños disfruten de todas esas experiencias con vosotros.
    Gracias a los profes organizadores y Gracias a los profes colaboradores.
    Dolo

    ResponderEliminar
  9. María, Belén, Sonia, Merce, Rocío, Susana, Dolo, moitas grazas por estes comentarios. Azu grazas por axudar a que na xornada de cross saíra todo ben.

    Unha cousa que chama moito a atención é ver como unha sinxela carreira fai felices a un lote de rapaces, independentemente se gañan ou non. E como se ven neste tipo de actividades, emocións e xestos de compañerismo e amistade, que axudan no camiño dunha boa educación.

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia