2 Resultados do CEIP Rabadeira na fase comarcal do Campo a Través

Como xa informábamos onte, o noso colexio obtivo grandes resultados nas seis categorías nas que competía. O equipo infantil masculino foi primeiro, e o feminino terceiro. En alevíns, en categoría masculina, conseguiron o primeiro e segundo lugar, e en feminino foron primeiras. Os máis pequenos, os benxamíns masculinos foron primeiros e terceiros, e o equipo feminino foi segundo.

Individualmente os atletas do Rabadeira voltaron con sete medallas, solo había para os tres primeiros. Destacando as victorias nas súas carreiras de Claudia Conde en Infantil, Daniel Barcia en Alevín e de Lucía Ciria en Benxamín. O podio alevín masculino levaba o nome do Rabadeira, pois nos tres chanzos estaban alumnos do centro: Daniel, David e Xian.

Aquí podedes ver as clasificacións completas

Clasficaron para a seguinte fase (Intercomarcal) 42 atletas do colexio. Será no mesmo circuito de Acea da Ma, o 8 de febreiro.

Primeiros - Benxamín masculino

Primeiras - Alevín feminino

Primeiros - Alevín masculino

Primeiros - Infantil masculino

2 comentarios:

  1. Me alegra ver que el cole sigue participando en esta prueba y descubriéndoles a los niños este deporte que por cierto alguno sigue practicando como es el caso de Juan Roca, que a pesar de que ya está en el insti sigue participando en esta carrera y en todas las pruebas de cross que hay y todo gracias a sus profes de educación física del Rabadeira. Nos vemos el día 1 de Febrero en el Intercomarcal !

    ResponderEliminar
  2. Marina, sí, sabemos que Juan no ha abandonado el atletismo. Para los profes es todo un orgullo ver que lo intentamos inculcar en los alumnos deja huella.

    Un abrazo para Lucía y Juan.

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia