O venres 9 de febreiro o Rabadeira celebrou con toda a comunidade educativa (alumnado, claustro e familias), un festival polo entroido a ritmo de 50 anos na música.
Puidemos gozar dunhas excelentes actuacións; os máis pequenos moveron a esqueleto ao ritmo de Grease, o primeiro curso de primaria encheu todo de cores bailando un clásico do grupo Parchís. Tamén gozamos dos movementos de Alaska, Mecano e Barbie; ademais de gozar dunhas actuación que nos recordaron os últimos 50 anos de Eurovisión e dos 40 music classic.
Un día cheo de diversión, movemento, música e cores.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar