0 O xogo do Trivial (Día 16)


Bo día!
Coñecedes o xogo do Trivial? Pois hoxe propoñémosvos unha versión estupenda deste xogo baseada na Educación Física. A diferencia do xogo tradicional, neste, as respostas serán motrices e teredes que realizar o exercicio que ven descrito en cada tarxeta.
Dependendo da cor da tarxeta, predominarán uns contidos ou outros:

- Cartas de cor ROSA: Coordinación óculo-pédica.
- Cartas de cor LARANXA: Lanzamentos e recepcións.
- Cartas de cOr VERDE: Equilibrio estático e dinámico.
- Cartas de cor VERMELLO: Xiros, saltos e reptacións.
- Cartas de cor AMARELO: Percepción temporal e espacial. 
- Cartas de cor AZUL: Coordinación óculo-manual.

Animádesvos a probar? So tedes que imprimir as tarxetas, o taboleiro e o porta queixiños que aparece no seguinte documento


JOSÉ L. E BEA

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia