Bo día! Despedimos este trimestre cuns exercicios para realizar en parella. Recomendamos, que antes de facelos, realicedes o quecemento e os estiramentos de onte.
Estas imaxes pertencen ao xogo "YOGA SPINNER" que podedes atopar no recuncho de ioga da biblioteca. Cando volvades a cole, visitádeo!
Mañá comezan as vacacacións de Semana Santa e desexamos que, dentro das posibilidades que nos ofrece este confinamento, intentedes saír da rutina escolar, realizando as actividades coas que máis vos divirtades.
Á volta destes días festivos, informarémosvos de como imos afrontar o terceiro trimestre dende o área de Educación Física.
Estamos desexando voltar ao pavillón con todas e todos vós!
Unha forte aperta.
José L. e Bea
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar