0 XOGO DE ORIENTACIÓN (Día 8)


Bo día nenas, nenos e familias! Hoxe ensinarémosvos unha actividade coa que podemos aproveitar todos os espazos do noso fogar. Consiste en ir buscando diferentes tarxetas pola casa valéndonos únicamente dun mapa. A continuación explicaremos os pasos para poder preparala.

1) FACER O MAPA DA CASA:
Familias, este paso correspóndevos a vós. (Despois de facelo a primeira vez, podemos animar ás nosas nenas e nenos a facer o seu propio mapa).
Non fai falla que poñades todo o que hai, chega co máis representativo.




2) ESCOLLER UNHA LENDA.
Para facilitar a comprensión do mapa usamos un código, neste caso de cores. Esto é unha idea, podedes inventarvos o voso propio código.




3) MARCAR NO MAPA OS LUGARES NOS QUE ESCONDEREMOS AS TARXETAS:
Nun dos espazos non poñades ningunha tarxeta. Nós escollemos un cuarto para usalo de saída, chegada e control. Tamén nos serve para que o resto da familia permaneza aí mentres agochamos as tarxetas. 
Para aproveitar o mapa noutras ocasións, marcade os postos con lapis. 




4) FACER UN PERCORRIDO POLA CASA SEGUINDO O MAPA.
Recomendamos que antes de xogar, os participantes se familiaricen co mapa. Para isto, propoñemos facer un percorrido pola casa identificando todos os obxectos que hai no mapa.



5) CREAR AS TARXETAS.
Neste caso, inspirámonos na estética das balizas que se usan nas carreiras de orientación no medio natural.



Pero, para incrementar a actividade física, puxémoslle unhas consignas por detrás.




5) COMO XOGAR?
A persoa que organiza o xogo permanecerá no cuarto de "saída/chegada" e o resto da familia formará un equipo  cun único mapa. 
Deben ir buscando as tarxetas en orde: 1-2-3...
Cada vez que atopen unha tarxeta, dirixiránse ao cuarto de "saída/chegada" e alí, realizarán os exercicios propostos nelas. Ao rematar, recibirán unhas pezas dun puzzle que poderán completar cando atopen todas as tarxetas.



Esperamos que vós guste e que vos divirtades tanto coma nós.



ÁNIMO! 

JOSÉ LUIS E BEA

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia