0 Prescindimos da vista por un día


O pasado día 17 de Outubro, aproveitando que os alumnos de 3º están a dar a os órganos dos sentidos, decidimos facer unha serie de actividades onde os rapaces de 3º e 4º se tiveron que poñer na pel de persoas con discapacidade visual.

A parte de servirnos para fomentar o respecto cara estas persoas, esta actividade tamén nos serviu para que os nenos e as nenas aprendesen a traballar con outros sentidos, (como son o tacto e sobre todo o oído). Como non podían ver, tiñan que estar moi calados para lograr escoitar o que acontecía ao seu redor.

Algunhas das actividades que levamos a cabo foron a da pilla con axóuxeres, o stop con sons e as parellas berronas. O resultado foi moi positivo e os alumnos pasárono xenial.

E para rematar un partido de GOALBALL!!.

Debemos darlle as grazas aos mestres da especialidade de Educación Física da Universidade da Coruña por facilitarnos os antefaces e o balón con axóuxeres.






0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia