BIKEPOLO


Dende o departamento de Educación Física do Rabadeira, queremos amosar os nenos/as unha gran variedade de deportes e actividades físicas, e por iso nos pareceu interesante adicar un apartado do blogpara dar a coñecer outro tipo de deportes que non son tan coñecidos pero que tamén poden resultar moi interesantes.
Para comezar con este apartado, escollemos o bikepolo, que é unha variante do polo que se disputa
Para comezar con este apartado, escollemos o bikepolo, que é unha variante do polo que se disputa
sobre bicicletas en lugar de con cabalos.
HISTORIA: Foi inventado polo irlandés
Richard J. Mecredy en 1891.
Hacia finais do século XIX chegou a Gran Bretaña, Estados Unidos e Francia, co cal, este deporte
comezou a facerse coñecido.
O primeiro partido internacional disputouse entre Irlanda e Inglaterra no 1901.
Nº DE XOGADORES: dous equipos de 3 integrantes cada un.
TIPO DE
TERREO NO QUE SE PRACTICA: oficialmente nun campo de céspede rectangular, de 150
metros por 100
metros. Tamén se pode practicar en pistas ou pavimento.
MATERIAL
NECESARIO: bicicletas, mazas ou tacos, pelota e cancha.
ÉPOCA NA QUE SE PRACTICA: calquera.
DESENVOLVEMENTO DO XOGO: os integrantes montan calquer tipo de bicicletas, inda que moitas
veces están diseñadas tendo en conta as exigencias do xogo, e portan unha maza, taco ou mallet en inglés,
co cal golpean unha pelota. O obxectivo do xogo é marcar gol na porteria contraria de aproximadamente
1,80 metros de largo y 0,90 de alto.
REGRAS
DO XOGO: os xogadores deberán situarse tra-las súas respectivas líneas de
meta coa bola
colocada no centro da pista. O xogo comeza ó grito de
«3, 2, 1, ¡Polo!” ou similar. Os xogadores de
ambos equipos poden entón ir
a facerse coa posesión da bola.
Puntuación: considerase gol cando se realizou o tanto coa punta da maza (hit). Calquer tiro a porta co
lateral da maza (shuffle) non se considera gol e o xogo continúa sen
interromperse.
Faltas: Existen tres tipos de faltas:-Falta leve: o xogador penalizado
será considerado fóra de xogo ata que
toque unha das campás situadas nas bandas xusto á altura do medio campo.-Falta grave: o xogador
penalizado será considerado fóra de xogo ata que toque as dúas campás.-Falta moi grave: o xogador é
expulsado do xogo por un periodo de
tempo a determinar polo árbitro e segundo a duración do partido en
curso.
Árbitros: Hay tres oficiais controlando o xogo. Un árbitro principal no centro do campo e dous asistentes
en cada unha
das porterías. O árbitro principal é o xuíz do partido, determina as
faltas e os castigos do
xogo e sempre terá a última palabra en caso de
conflicto ou dúbida. Os asistentes son os que determinan a
validez dun gol E son O respaldo dO árbitro principal en caso de xogada dubidosa. Tamén serán os
encargados de recolocar as porterías no seu sitio no caso de desplazamento
dos postes.
Tempo: o partido estará limitado ó tempo e a os goles, é dicir, os
partidos por regra xeral rematarán cando
un dos dous equipos marque 5
goles ó contrario. Se tras transcurrir o tempo de xogo non chegasen a
facerse efectivos esos cinco tantos de un dos equipos, daríase por
concluido o partido gañando o que máis
goles teña no seu haber.No caso de
empate, xogarase a gol de ouro. O primeiro equipo en marcar gañará a
partida. A duración dos tempos vIrá supeditada pOlas características propias de
cada torneo.
Para finalizar, aquí tendes un video cunha pequena demostración en imaxes que nos amosa en que consiste
este deporte. Espero vos resulte interesante.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar