1 Carreira Campo a Través en Cambre

Saída carreira Infantil feminino

O venres, 13 de xaneiro, disputouse en Sigrás, Cambre, a fase comarcal de Campo a Través. Outra vez o Ceip Rabadeira foi o centro que máis atletas presentou na liña de saída das distintas carreiras, ata un total de 190 valentes deportistas foron a disputar estas divertidas carreiras.

Na categoría infantil feminino hai que destacar o primeiro posto do equipo do colexio, grazas á victoria de Alba e aos bos postos acadados por Noa, Alexandra, Ana, Valeria, Laura e Sabela. Os rapaces o fixeron moi ben, conseguiron a medalla de prata, clasificando para a seguinte fase César, Marcos, Alejandro, Santiago, Pablo e Ángel.
Tanto na categoría alevín, como benxamín, os podios estiveron cheos cos equipos do Rabadeira. Destacar as victorias en alevín femenino de Clara García, en masculino de Martín Bermúdez, en benxamín feminino gañou Ariadna Beltrán, e entre os nenos entrou de primeiro Daniel Barcia.

Todas as clasificacións, individuais e por equipos, e un lote de fotos as podedes ver no taboleiro da primeira pranta do colexio.


1 comentarios:

  1. ¡¡A MIÑA NORABOA A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!
    ESTAREMOS NA PRÓXIMA CARREIRA PARA ANIMARVOS.
    ¡¡VIVA O CEIP RABADEIRA!!

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia