5 Campionato provincial Campo a Través



Na Pobra do Caramiñal, celebrouse o sábado 18, o Campionato Provincial de Campo a Través do Deporte en Idade Escolar.

O noso centro desprazaba a dita competición un total de 5 equipos, os benxamíns masculinos a piques estiveron de subir ao podio tras rematar no cuarto lugar, as rapazas desta categoría quedaron quintas.
Individualmente logrou un gran éxito Alba Suaña ao quedar campiona provincial alevín, logo de facer unha carreira espectacular, loitando nas primeiras prazas con corredoras que adestran en clubes de atletismo. Tamén, en benxamíns, Claudia Conde, obtivo unha sensacional medalla de prata, no seu primeiro ano competindo en atletismo.


5 comentarios:

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia