0 OBRADOIRO ALIMENTACIÓN

O alumnado de 5º de Educación Primaria gozou dunhas charlas de alimentación, e nesta ocasión non se nos ocorreu mellor maneira de plasmar o obradoiro no Blog que sendo eles mesmos os que escriban esta entrada. 

¨Fai unhas semanas tivemos a sorte de asistir a dúas charlas sobre alimentación saudable, que nos deu a nutricionista de Santa Cruz, María José.

Falamos da importancia de comer saudable e facer deporte regularmente. Ensinounos como alimentarnos de forma axeitada. Por exemplo comer moitas verduras, froitas, hortalizas… Tamén explicou que hai outras comidas ultra procesadas que só debemos comer moi de vez en cando. 

Axudounos a facer a nosa propia pirámide alimenticia. 

Por último, ensinounos a analizar as etiquetas dos embalaxes, para saber que alimentos son bos, coñecer os azucres que teñen, o sal, as graxas saturadas… E o que máis nos gustou foi que trouxémos os nosos embalaxes para velos, analizalos e saber se eran saudables ou non. 

En conclusión, aprendimos a alimentarnos de forma correcta. 

Encantounos a charla!¨




















0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia