0 San Silvestre 2023

O último día do primeiro trimestre, o 21 de decembro, tivemos a sorte de poder pechar á primeira etapa do curso dunha forma especial, celebrando a terceira edición da carreira de Nadal San Silvestre. 

Nun primeiro intre parecía que o tempo non ía a acompañar a esta festividade, pero despois de retrasala puidemos dar comezo á San Silvestre, debaixo dun pouco de orballo e raios de sol. Non faltaba detalle, dorsais, speaker, percorrido marcado e línea de meta. 

Comezou correndo o terceiro ciclo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria… dando nin máis nin menos que dúas voltas ao recorrido! Xusto despois dou comezo o segundo ciclo, 3º e 4º de EP,  reducindo un pouco o ritmo e deixando aos corredores cunha volta. Unha vez que todos chegaron a meta saíu o primeiro ciclo, 2º e 1º de EP. Finalmente, preparáronse os máis pequenos, realizando a metade do percorrido. A dicir verdade, o alumnado de Educación Infantil non deixou a ningúen indiferente. 

Este ano a carreira tiña unha parte moi especial. Por mor do 50 aniversario do noso colexio as familias pasaron de ser meros animadores a pechar un día de Nadal con eles, sendo tamén participantes oficiais da San Silvestre. Esta vez eran os seus fillos e fillas os que gritaban detrás do valado. 

Para a sorpresa destes foron invitados a pasar un rato máis con nós. O protagonista sería o alumnado de 5º e 6º, quenes nos deleitaron con cantos de Nadal e panxoliñas. Para finalizar o día dúas nenas de 5º de EP presentaron as badaladas dunha maneira moi emotiva, signando cada un dos sons da campá con lingua de signos onde dicían: RABADEIRA 50.













0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia