Alevín masculino Rabadeira, Campión Intercomarcal |
Hoxe, sábado, o CEIP Rabadeira competiu na fase intercomarcal de Campo a Través, en Acea da Ma, Culleredo. Cinco equipos en benxamín, alevín e infantil, e unha atleta por individual, en infantil feminino, defendían as cores do noso colexio.
Destacar a valentía destes atletas, que a pesares do frío e a chuvia, non dubidaron en asistir a esta carreira. Mención especial á carreira infantil masculina, en donde descargou unha forte sarabiada.
Dos cinco equipos participantes, dous subiron ao podio. O alevín masculino proclaumouse campión da fase intercomarcal, superando a clubes como o Atletismo Sada e o AD Fogar. O equipo benxamín masculino foi subcampión intercomarcal. Polo tanto os 6 compoñentes de cada equipo clasifican para o provincial.
Na modalidade individual destacar o 3º posto de Daniel Barcia e o 8º de Martín Valdés, en alevíns. En benxamíns Pablo Alfonsín obtivo o 6º posto e Miguel Vázquez 8º. Estes catro atletas clasifican directamente para a fase provincial.
Co cal o CEIP Rabadeira ven de clasificar a 16 corredores para a seguinte fase, onde atoparanse co mellor do atletismo da provincia da Coruña, tanto a nivel escolar como federado. Será o 15 de febreiro en Santiago.
Tamén correron alumnas e alumnos do colexio, pero que militan en clubes federados, que o fixeron moi ben. Claudia Conde volveu a demostrar que está a un nivel altísimo, gañando con autoridade a carreira Infantil, a pesar de ser de primeiro ano. Hadrián García obtivo o bronce en benxamíns.
As clasificacións completas: Federación Atletismo
Aquí tedes as 107 fotos da xornada: CEIP Radeira na Fase Intercomarcal Campo a Través
Fotos da organización: Xogade
Fotos da organización: Xogade
Benxamín feminino |
Benxamín masculino, Subcampión Intercomarcal |
Alevín feminino no caixón de saída |
Infantil masculino |
Parabens atletas do rabadeira sorte na Provincial
ResponderEliminarGrazas Juan.
EliminarParabens para ti, por saber compaxinar os estudios co deporte de competición.
Unha aperta.
As caras de felicidade dos nosos nenos son o reflexo do ben que o pasaron. Para min eso o di todo. Grazas polo voso esforzo e adicación, e por facer isto posible. Os nenos de Rabadeira teñen moita sorte.
ResponderEliminarMoitas grazas Ana. Tes dous campions na familia.
EliminarOs profes temos moita sorte en ter alumnos como estes.
Enhorabuena a todos los atletas participantes en un cross en estado puro. Y en especial a los clasificados para el provincial en Santiago.
ResponderEliminarMoitas felicidades a todos por seguir participando nesta competición tan bonita. Foi unha pena que non puidera seguir este ano a carreira. Espero que os clasificados para o campionato provincial consigades moitos éxitos. Un saúdo. Devesa
ResponderEliminarGrazas compañeiro. A ver como nos vai en Santiago, bótasete de menos polo colexio.
EliminarUn saúdo.