O CEIP Rabadeira acudirá ,
o vindeiro día 15 de febreiro, sábado,
ao Campionato Provincial, no circuíto do Parque de Salgüeiriños, en Santiago de Compostela.
Estará representado por dous equipos, o equipo benxamín e o alevín masculino, que veñen de clasificarse na anterior fase, o Intercomarcal.
Os atletas, xunto ao profesor, saíran o sábado, dende o centro, ás 9:00 horas. O regreso será despois das carreiras e a entrega de premios. A última carreira é as 12:30 horas.
O equipo benxamín correrá ás 10:40 e o alevín ás 11:10 horas. Moita a sorte a todos!, aínda que estar nesta fase da competición, xa é todo un éxito.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar