O programa radiofónico de Sintonía Deportiva Oleiros do venres, 7 de febreiro, foi realizado polos alumnos de 5º. En concreto Pedro Vila, Sergio Vázquez, Alejandro Martínez, Daniel Barcia, Shay Smyth e Martín Valdés, que son os compoñentes do equipo alevín, que veñen de proclamarse campións intercomarcais.
Primeiro fixeron de locutores e deron as novas deportivas da semana. Logo falamos de xogos populares, do campo a través e da viaxe á neve. Damos as grazas a Nano García, presentador do programa, por facer posible chegar aos alumnos do CEIP Rabadeira unha nova experiencia educativa.
Aquí podedes ver o artigo na web de Sintonía Deportiva.
E neste arquivo o programa completo:
Ola, son o pai de Pedro. Moitas grazas pola experiencia da radio, o pasaron moi ben. Ánimo para Santiago!
ResponderEliminarPepe
Pepe, grazas polo comentario. O fixeron moi ben. Chegar ao provincial é todo un premio xa, alí hai moito nivel.
EliminarUn saúdo.
Que experiencia tan bonita! Demostra unha vez máis canto se pode aprender fora das aulas! Moitas grazas e seguide así, fomentando este tipo de actividades. Ana
ResponderEliminar