0 Programa educativo no Plan Proxecta

Dende fai vinte anos o CEIP Rabadeira ven participando nas competicións de Campo a Través organizadas polo Deporte Escolar da Xunta. Figura como un sinal de identidade do centro, polo que un grupo de mestres (departamento de educación física e as titoras de 4ºB e 4ºD) decidimos implicarnos aínda máis e presentar un proxecto ao Plan Proxecta, tendo como núcleo a participación do alumnado nas competicións desta modalidade deportiva. Ese proxecto leva por título "Campo a Través pola educación".

O alumnado participante no Campo a Través son os que cursan 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, pero para traballar directamente dentro do proxecto eliximos os que están na categoría alevín, é dicir 4º e 5º.
Tratándose dun proxecto de innovación educativa o obxectivo principal será, a partir desta modalidade deportiva de Xogade, integrar as novas tecnoloxías e medios de comunicación no proceso educativo.

O punto central do proxecto e sobre o cal xirará toda a intervención será a participación nas distintas competicións de Campo a Través durante o segundo trimestre (fase zonal, intercomarcal, provincial e galego).

A información quedará recollida, para que poida ser visualizada pola comunidade educativa, no blog de educación física e no de 4º de primaria.
Habrá unha fase de preparación, antes de cada competición, informando das probas, datas, horas, adestramentos, alimentación, circuitos das carreiras, formación de equipos, ....
Durante as carreiras se recollerá amplia documentación gráfica, fotos e vídeos, e tamén escrita ou gravada (entrevistas).
E na fase posterior habrá reportaxes fotográficos, clasificacións, ....

Fóra da área de educación física vaise traballar nun concurso de debuxo que recolla o mellor momento do Campo a Través, e na recollida de datos nas enquisas sobre hábitos de vida activa.

Paralelo con todo esto está previsto a participación na radio local (Radio Oleiros) no programa Sintonía Deportiva Oleiros, do alumnado participante no proxecto. A actividade consiste en realizar tertulias escolares co tema central do deporte. Tamén acudirán para ser entrevistados no programa, como campiones nas distintas competicións, como xa aconteceu en anos anteriores.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia