0 Deportes descoñecidos


BIKEPOLO





 




Dende o departamento de Educación Física do Rabadeira, queremos amosar os nenos/as unha gran variedade de deportes e actividades físicas, e por iso nos pareceu interesante adicar un apartado do blogpara dar a coñecer outro tipo de deportes que non son tan coñecidos pero que tamén poden resultar moi interesantes.
Para comezar con este apartado, escollemos o bikepolo, que é unha variante do polo que se disputa           
      sobre bicicletas en lugar de con cabalos.


    HISTORIA: Foi inventado polo irlandés Richard J. Mecredy en 1891.
    Hacia finais do século XIX chegou a Gran Bretaña, Estados Unidos e Francia, co cal, este deporte   
    comezou a facerse coñecido. 
    O primeiro partido internacional disputouse entre Irlanda e Inglaterra no 1901.

    Nº DE XOGADORES: dous equipos de 3 integrantes cada un.

   TIPO DE TERREO NO QUE SE PRACTICA: oficialmente nun campo de céspede rectangular, de 150
   metros por 100 metros. Tamén se pode practicar en pistas ou pavimento.

   MATERIAL NECESARIO: bicicletas, mazas ou tacos, pelota e cancha.

   ÉPOCA NA QUE SE PRACTICA: calquera.

   DESENVOLVEMENTO DO XOGO: os integrantes montan calquer tipo de bicicletas, inda que moitas
  veces están diseñadas tendo en conta as exigencias do xogo, e portan unha maza, taco ou mallet en inglés,    
  co cal golpean unha pelota. O obxectivo do xogo é marcar gol na porteria contraria de aproximadamente
  1,80 metros de largo y 0,90 de alto.

  REGRAS DO XOGO: os xogadores deberán situarse tra-las súas respectivas líneas de meta coa bola
  colocada no centro da pista. O xogo comeza ó grito de «3, 2, 1, ¡Polo!” ou similar. Os xogadores de 
  ambos equipos poden entón ir a facerse coa posesión da bola.

 Puntuación: considerase gol cando se realizou o tanto coa punta da maza (hit). Calquer tiro a porta co   
 lateral da maza (shuffle) non se considera gol e o xogo continúa sen interromperse.  

 Faltas: Existen tres tipos de faltas:-Falta leve: o xogador penalizado será considerado fóra de xogo ata que  
 toque unha das campás situadas nas bandas xusto á altura do medio campo.-Falta grave: o xogador 
 penalizado será considerado fóra de xogo ata que toque as dúas campás.-Falta moi grave: o xogador é 
 expulsado do xogo por un periodo de tempo a determinar polo árbitro e segundo a duración do partido en 
 curso.

 Árbitros: Hay tres oficiais controlando o xogo. Un árbitro principal no centro do campo e dous asistentes 
 en cada unha das porterías. O árbitro principal é o xuíz do partido, determina as faltas e os castigos do
 xogo e sempre terá a última palabra en caso de conflicto ou dúbida. Os asistentes son os que determinan a
 validez dun gol E son O respaldo dO árbitro principal en caso de xogada dubidosa. Tamén serán os
 encargados de recolocar as porterías no seu sitio no caso de desplazamento dos postes.

 Tempo: o partido estará limitado ó tempo e a os goles, é dicir, os partidos por regra xeral rematarán cando  
 un dos dous equipos marque 5 goles ó contrario. Se tras transcurrir o tempo de xogo non chegasen a 
 facerse efectivos esos cinco tantos de un dos equipos, daríase por concluido o partido gañando o que máis
 goles teña no seu haber.No caso de empate, xogarase a gol de ouro. O primeiro equipo en marcar gañará a
 partida. A duración dos tempos vIrá supeditada pOlas características propias de cada torneo.

 Para finalizar, aquí tendes un video cunha pequena demostración en imaxes que nos amosa en que consiste  
 este deporte. Espero vos resulte interesante. 








0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia