0 Deportes descoñecidos: O Skeleton.


SKELETON



É un deporte orixinariamente de inverno (inda que existe a modalidade en estrada) que consiste en deslizarse o máis rápido posible  cun trineo por un tobogán de xeo de ata 1.500 m.  O piloto colócase boca abaixo, coa cabeza diante e os pés detrás. A velocidade supera os 130 km/h.

HISTORIA: Naceu a finais do século XIX en St.Moritz (Suiza) cando uns soldados británicos inventaron un trineo metálico con forma de esqueleto humán, de ahí o seu nome. Foi olímpico por primeira vez en St.Moritz (1928), desaparecendo para regresar en 1948. Voltou a desaparecer durante 54 anos. Finalmente, disputouse nos xogos olímpicos de Salt Lake City (2002) e Turín (2006).

Nº DE PARTICIPANTES: é un deporte individual.

TIPO DE TERREO NO QUE SE PRACTICA: oficialmente nun tobogán de xeo de ata 1500m  , inda que tamén existe a variedade de skeleton na estrada.


 MATERIAL NECESARIO: Un trineo de metal que mide entre 80 e 120 cm e non ten freos, casco , traxe e calzado.
 ÉPOCA NA QUE SE PRACTICA: inverno (na modalidade de estrada é indiferente).


 DESENVOLVEMENTO DO DEPORTE: 
trátase de deslizarse o más rápido posible cun trineo por un tobogán de xeo.
É moi  importante a saída, que ten que ser explosiva para gañar velocidade  o antes posible, de ahí que se utilice un calzado especial coa máxima adherencia.
Unha vez acadada a velocidade nos primeros 50 metros o piloto-resbalador  colócase boca abaixo no trineo, procurando que a súa postura sexa o máis aerodinámica e plana posible.
Non existe un volante ou timón para afrontar as curvas, senón que é o propio resbalador o que carga seu peso hacia un lado ou outro segundo a dirección que deba tomar o trineo.
As competicións  celébranse en dúas mangas e súmanse os tempos para obter a marca final.

 





 Para rematar, déixovos estes videos que nos achegarán un pouco máis ás dúas variedades e a como se practica este deporte:







0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia