0 Resultados campo a través fase intercomarcal


En Acea da Má foi a fase intercomarcal de Campo a Través, o CEIP Rabadeira participou con 40 atletas clasificados despois da fase zonal en Cambre. Darlles a todos a noraboa pola súa participación, nunha competición onde o nivel deportivo era moi alto, e despois dunha noite cunhas condicións metereolóxicas moi adversas, que presaxiaba unha xornada de chuvia e frío. Aínda deses aspectos negativos, os equipos da Rabadeira acudiron, coma sempre, co bo espíritu deportivo e gañas de pasalo ben. 


Todos o alumnado do Rabadeira estivo a gran altura, pero destacou a victoria de Jorge Ferreiro en benxamín masculino, e Claudia Conde en alevín feminino, aínda que esta última corría co seu club. Subiu tamén ao podio Daniel Barcia, obtendo a medalla de bronce en alevín masculino.


     

Por equipos gañaou o benxamín masculino e o alevín masculino, clasificándose así para a fase provincial que terá lugar, tamén en Culleredo, o 16 de febreiro.














       
   
Resultados completos na páxina da federación de atletismo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia