Clara, Marta, Valeria, Conchita y Carlota |
O venres, en conexión en directo dende San Isidro con Nano García, redactor do programa Sintonía Deportiva, de Radio Oleiros, quedamos en ir a falar á emisora, e tres días despois, alí estivemos.
Clara García, Marta López, Valeria Arciniegas, Conchita Alonso e Carlota Castro, asistiron ao programa, en representación de todo o alumnado de 5º e 6º participante na viaxe á neve deste curso.
Hay que felicitar a estas alumnas que, aínda que era a primeira vez que estaban diante dun micrófono dunha emisora de radio, o fixeron realmente ben. Responderon con gran desenvoltura a todas as preguntas que lles fixeron sobre a súa viaxe á estación invernal de San Isidro. Describiron moi ben as clases e o tipo de pistas da estación, e as actividades diarias realizadas en toda a semana.
Aquí tedes a grabación do programa:
moi ben Nano e moi ben nenas!!!!!!
ResponderEliminar