0 A lateralidade: móvome á esquerda e á dereita.


Os nenos de primeiro ciclo de Educación Primaria están rematando nestes días a unidade referida á lateralidade, na que mediante xogos poden diferenciar a esquerda da dereita, así como ir consolidando a súa preferencia lateral.

 
Nestas idades todavía non é doado diferenciar ambos lados, pero a pesar de todo os rapaces estanse adaptando moi ben ós xogos e pouco a pouco están conseguindo automatizar os movementos a ambos lados cando o xogo o require.
Empregamos diferentes materiais para facerlles máis sinxela e motivante a tarefa, así por exemplo nestas fotos observamos xogos con aros, globos, pelotas, caixas, petos... que nos serán de gran axuda para acadar os obxectivos propostos a través dos xogo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia