0 "Menudos equilibristas"


Esta semana, os rapaces do 1º ciclo de Educación Primaria estiveron a traballar os equilibrios, xa que é necesario que adquiran confianza en difirentes situacións de equilibrio, así como que coñezan as posibilidades de equilibrio que lles ofrece o seu corpo.
En concreto, nas imaxes que podedes observar a continuación, estivemos a realizar un circuito con diversas postas:
  • Escalada nas espaldeiras.
  • Diferentes tipos de saltos nos aros (pés xuntos, coma unha rá, a pata coxa...)
  • Equilibrios nos bancos suecos.
  • Equilibrio sobre zancos.

 Todos pasaron por tódalas postas, traballando os diferentes tipos de equilibrio e pasárono en grande.



 Finalmente, reláxamonos co xogo: paloma branca, paloma negra que nos serviu para baixar pulsacións e dar por rematada esta sesión.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia