Comeza a escola e con ela as clases de educación física para os nenos/as , que un ano máis intentan inculcar e fomentar o hábito de practicar deporte dende moi pequeniños.Dende este blog daremos a coñecer as actividades que practicarán os nosos peques. E comezamos o curso descubrindo e familiarizándonos máis cun deporte de equipo tan enriquecedor e divertido como o balonmán, da man de monitores que dominan a materia e a forma de dala a coñecer.
En canto as sesións de educación física, neste comezo de curso, os alumnos/as melloran a súa coordinación espazo-temporal con todo tipo de xogos como preparación e toma de contacto dun curso 2012-2013 cheo de novas actividades.
No primeiro e segundo ciclo de educación primaria, comezamos o curso cunhas probas de avaliación inicial, para observar de maneira xeral a evolución dos nenos/as con respecto o curso anterior.( No caso dos alumnos de primeiro, a súa vez, fixemos maior fincapé no coñecemento das novas instalacións, material, normas… xa que é a primeira vez que empregan o pavillón)
Unha vez feita esta toma de contacto , demos comezo ás primeiras unidades deste curso na que os rapaces están a traballar dunha forma lúdica e recreativa, fundamentalmente sesións sobre esquema corporal (coñecemento e afianzamento do corpo e os seus segmentos), lateralidade, equilibrio e percepción espazo-temporal.
Ao mesmo tempo os alumnos de terceiro ciclo superan tamén unha serie de probas de avaliación inicial, que nos servirán para coñecer a súa condición física inicial e facer fincapé naqueles aspectos nos que o nivel non sexa o desexable, ademáis estas probas servirannos para valorar a mellora que se produce ata o final de curso, xa que serán pasadas de novo no terceiro trimestre.
Como xa dixemos, a través deste blog, trataremos de reflexar mediante instantáneas e breves referencias, as diferentes prácticas e actividades que está a levar a cabo o noso alumnado, xa que consideramos que pode ser innovador e motivador para eles, e un elemento moi enriquecedor para a nosa práctica educativa.
Hola somos María (6ºC), Sandra (6ºB) y Nati (6ºD).
ResponderEliminarSandra-la mejor foto es la última, que bien salís chicas!!!jejeje
María-son muy bonitas, pero que pena que mi clase no salga.
Nati-me han gustado mucho molaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaan.