0 Comeza un novo curso, o 2012-13


Comeza un novo curso, e como ven sendo habitual, cargado de actividades deportivas no CEIP Rabadeira.

A vindeira semana imos, en 6º de primaria, á praia de Santa Cristina, onde practicaremos remo e kayak, ca axuda  do club de remo de Perillo.

E, deseguido, faremos unhas xornadas de inciación ao balonmán. Virán ao colexio adestradores do club balonmán Ártabros de Oleiros para dar unha sesión práctica dun dos mellores deporte que hai, tanto para velo como espectador, pola súa espectacularidade, como para practicalo como xogador, polo divertido que é. Estas clases van dirixidas para todo o alumnado dende 2º a 6º.

Xa estamos, tamén, pensado na organización das dúas actividades estrelas no Rabadeira, o Campo a Través e o esquí. Imos a comezar a preparación dos equipos de cross, que competirán no mes de decembro. E xa estamos pensando na viaxe a neve a San Isidro para o mes de febreiro.

E, ¡como non!, haberá xornadas de xogos populares, escalada para todos os de 5º, etc., e moitas gañas de pasalo ben facendo deporte, polo profesorado de Educación Física.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia