Saída carreira categoría infantil |
O sábado, 25 de febreiro, púxose punto final á actual tempada de Campo a Través de Deporte Escolar ca disputa do Campionato Galego no circuito de A Azucreira na localidade pontevedresa de Portas. A competición reunía aos mellores atletas da especialidade nas categorías cadete, infantil e alevín, tanto masculinas como femininas.
Alba Suaña García |
O CEIP Rabadeira estivo representado por Alba Suaña na categoría infantil, logo do 3º posto acadado no campionato provincial, deste xeito lograba o pasaporte para o campionato galego.
A alumna do colexio logrou a 15ª praza, cun tempo de 7:50, entre as 65 mellores atletas da Comunidade Galega. Nun circuito de 1.000 metros, ao que había que darlle dúas voltas, ata completar os 2 km. totais da proba. Na metade da carreira Alba loitaba entre o 3º e 5º posto, mais na segunda mitade poido notar que nos últimos días pasou por un proceso gripal que lle pasou factura ao final, perdendo varios postos. Destacar tamén, que é unha atleta de primeiro ano, polo que competía con moitas rapazas que contaban cun ano máis de idade. Aínda así consiguiu colocar o nome do Rabadeira no lugar decimoquinto do ranking galego.
Neste campionato participaba outra alumna do colexio, era Claudia Conde en categoría alevín, neste caso representando ao seu club A.D. Fogar. Claudia, tamén no primeiro ano na categoría, fixo un papel moi destacado neste duro circuito.
Claudia Conde Perea |
Estoy muy contenta de haber representado al cole en las competiciones de cross.Quiero darle las gracias a todos mis profes y compañeros que me han apoyado;en especial a mis profes de Educación Física.Con sus animos y cariño llegué a los Campeonatos Gallegos.¡¡GRACIAS!!
ResponderEliminarALBA
Alba, gracias a ti por dejar el nombre del Rabadeira en todo lo alto.
ResponderEliminarGran alumna y buena compañera, te echaremos de menos en los próximos cursos. Mucha suerte en secundaria, y deja un huequecito para seguir con el deporte, que se que lo harás.
¡Felicidades,Alba!
ResponderEliminar