1 Curso novo, Pavillón novo

 

Comezamos un novo curso, o 2011-12, mais para a asignatura de Educación Física é un curso moi especial, temos casi un pavillón novo. O Concello de Oleiros, durante o verán, transformou o vello polideportivo nun novo, que da gusto adestrar nel.

Hai un parquet que cubre todo o chan, a pista ten un valado para a práctica do hockey, son novos os focos da luz, pintouse as paredes do interior, as porterías son novas, as paredes que están detrás delas están cubertas dunha rede para parar os balóns e as cristaleiras son transparentes e de cristal. Faltan varios amaños, como o cambio das canastras de baloncesto e poñer asentos nas gradas do público. No tellado colocaron un aislante térmico, acabouse eso de pasar frío no inverno.

Se pasades o rato por enriba da foto podedes ver o antes e o despois do Pavillón da Rabadeira.

Un saúdo a todos, e a disfrutar da Educación Física.

1 comentarios:

  1. Que boa pinta ten!
    Os profes e, sobre todo, os rapaces da Rabadeira estan de noraboa. Agora a aproveitar e desfrutar o novo pavillón todo o que poidades.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Por favor deixade o voso nome.
Moitas grazas por comentar.
Agardade para ver o comentario, antes o temos que aprobar

 

CEIP RABADEIRA Copyright © 2009-20 - |- Educación Física CEIP Rabadeira - |- Oleiros - Galicia